Asus trae a España o ROG Phone
luns, 12 de novembro do 2018
Os
smartphones para gamers levan uns
meses chamando a atención mediaticamente, pero sen apenas ter presenza no
mercado, de feito que a meirande de dispositivos nin sequera chegaron a venderse
en Europa, e Asus parece querer aproveitar a situación, e o seu ROG
Phone, presentado hai 5 meses, finalmente chega
ao mercado español a un prezo de 899 euros, o que semella toda unha
barreira, xa que o público ao que van dirixidos estes dispositivos non é precisamente
o mesmo que o dos smartphones que normalmente se venden en tal rango de prezos.
Lembremos que o ROG Phone é un dispositivo cun procesador exclusivo Qualcomm
Snapdragon 845 de 8 núcleos a 2,96 GHz con gráfica Adreno 630, 8 GB de RAM
LPDDR4X, 128 GB de almacenamento interno (UPS 2.1), pantalla AMOLED de 6
polgadas cunha resolución de 2.160 x 1.080 pÃxeles e unha velocidade de
refresco de 90 Hz (cun tempo de resposta de só 1 milisegundo) e con soporte de
HDR, cámara traseira dual (de 12 e 8 MpÃxeles), cámara frontal de 8 MpÃxeles,
Wi-Fi AD, Bluetooth 5.0, NFC, USB-C, DisplayPort 1.4, altofalantes estéreo
frontais, baterÃa de 4.000 mAh con carga rápida, un grosor de 8,6 milÃmetros e
un peso de 200 gramos.
Teriamos asà un smartphone cunhas especificacións moi semellantes ás dun
Samsung Galaxy Note9, co que haberÃa moi poucas diferenzas que fosen máis aló
do estético, e dado que a pantalla de Samsung é claramente superior, resulta moi
difÃcil xustificar o elevado prezo do dispositivos de Samsung.
O que si poderÃa atraer a algúns xogadores é que o ROG Phone incorpora uns
botóns ultrasónicos nos seus bordes, semellantes aos gatillos dun gamepad, que
poden personalizarse en función do xogo, e tamén pode equiparse cun AeroActive
Cooler para mellorar a súa refrixeración e permitir sesións de xogo máis longas
e cun mellor rendemento. Como accesorios tamén conta cunha base para conectar o
móbil a un monitor, a periféricos de control e incluso a Gigabit Ethernet,
aÃnda que os máis rechamantes serÃan o o TwinView Dock (que engade unha segunda
pantalla AMOLED de 6 polgadas, 4 altofalantes, dos gatillos hardware, mellor
refrixeración e unha baterÃa adicional de 6.000 mAh, convertendo o teléfono nunha
especie de consola portátil) e o Asus WiGig Display Dock que en combinación con
Gamevice permite transformar a consola nunha especie de Nintendo Switch
conectada ao televisor sen fÃos (aÃnda que cómpre lembrar que os mandos de
Gamevice que se engaden lateralmente aos lados do teléfono non son exclusivos do
ROG Phone, habendo versións para os principais smartphones de alta gama de
Samsung, para os Pixel de Google e incluso para os iPhone de Apple).