Asus presenta un ordenador con Windows 8.1 convertible en tablet cun prezo de só 349 dólares
xoves, 12 de setembro do 2013
Aproveitando a celebración do Intel Developer Forum (IDF) do
presente ano, o máximo responsable de Asustek, Jonney Shih, amosou un atractivo
equipo que ten moitas bazas para converterse no sucesor dos populares netbooks
nos que a súa compañÃa xa foira pioneira co Asus Eee PC. O prometedor ordenador
presentado foi o Asus
Transformer Book T100, que vén a ser un hÃbrido entre tablet e ordenador
portátil que funciona con Windows 8.1 e promete unha autonomÃa de ata 11 horas
por un prezo de só 349 dólares (262,66 euros) no seu modelo de 32 Gb de
almacenamento interno (con 64 Gb custarÃa 399 dólares), combinación que pode
convertelo en todo un referente do sector cando chegue ao mercado a mediados do
mes que vén.
Este novo equipo conta cunha pantalla táctil IPS de 10,1 polgadas cunha
resolución de 1.366 x 768 pÃxeles, procesador Intel Atom Z3740 de catro
núcleos, 2 Gb de RAM, lector de tarxetas microSD, porto micro USB, saÃda micro
HDMI e unha base extraÃble con teclado e un porto USB 3.0, que aÃnda que
presente unha potencia limitada, será máis que suficiente para a meirande parte
dos usuarios, que verán nun mesmo equipo a comodidade dun tablet para o consumo
de contidos, como a portabilidade e versatilidade dun ultrabook para usos de
produtividade.