Asus presenta un HDMI stick con 2 portos USB
mércores, 2 de setembro do 2015
A primeiros de ano Intel anunciaba o seu Intel
Computer Stick, un pequeno dispositivo que viña a ser como un ordenador
compacto con Windows 8.1 que podÃa conectarse directamente a un monitor ou
televisor para convertelo nun ordenador todo-en-un, e aÃnda que os primeiros
dispositivos desta categorÃa tiñan bastantes limitacións, van evolucionando,
sendo un dos máis atractivos o que Asustek presentou
hoxe na IFA de BerlÃn, o Asus VivoStick PC.
Trátase dun ordenador en formato de stick
HDMI que funciona con Windows 10, mide 137,9 x 34 x 14,9 milÃmetros e pesa 68
gramos, de xeito que case poderÃa facerse pasar por una unidade de memoria USB,
pero iso non lle impide integrar un ordenador con 2 GB de RAM, procesador Intel
Cherry Trail, Wi-Fi N, Bluetooth 4.0, saÃda para auriculares e, como grande
elemento diferenciador fronte a outros produtos semellantes, 2 portos USB.
Este dispositivo poderÃa controlarse cun rato e un teclado USB, con periféricos
Bluetooth e incluso a través do smartphone empregando unha aplicación móbil de
Asus, de xeito que podemos aproveitar este pequeno dispositivo para empregalo
como un ordenador tradicional ou como unha potente solución de reprodución
multimedia. Un detalle que engade atractivo a este dispositivo é que venderase
a 129 dólares (cando o equivalente de Intel custarÃa no contorno dos 150
dólares).
- O principal atractivo deste HDMI stick é contar con 2 portos USB