Asus presenta o seu novo smartphone convertible en tablet
martes, 16 de outubro do 2012
Asustek continúa coa súa idea de casar smartphone e tablet
nun único dispositivo, e hoxe presentou en Milán a segunda iteración da súa solución
a tal efecto, o Asus PadFone
2, que presume de ser un dos móbil con Android máis potentes do mercado que
pode introducirse nunha carcasa de tablet para poder empregase nunha pantalla
táctil de 7 polgadas, adaptándose a tal interface de uso mantendo os mesmos
contidos e mellorando a súa autonomía.
O Asus Padfone 2 ten como corazón un móbil cunha pantalla Super IPS+ de 4,7
polgadas cunha resolución de 1.280 x 720 píxeles, procesador Qualcomm
Snapdragon S4 de catro núcleos a 1,5 GHz, 2 Gb de RAM, 32/64 Gb de
almacenamento interno, cámara de 13 Mpíxeles con gravación de vídeo a 1.080p, conectividade
LTE, NFC e unha batería de 2.140 mAh que permite unhas 16 horas en conversa
(3G) e 13 horas de navegación web a
través de Wi-Fi, que pode mellorar a súa autonomía ata 36 horas de conversa (3G)
grazas á batería de 5.000 mAh que inclúe a carcasa que inclúe a pantalla de 7
polgadas para convertelo nun tablet (e que tamén serve para cargar a batería do
móbil).
- Jonnie Shih asegura que o PadFone 2 é o móbil máis potente do mercado, pero só custa un pouco máis que outro teléfono
Este interesante dispositivo chegará ao mercado español antes do remate do mes de decembro, e o seu prezo será bastante axustado, xa que en palabras do director xeral de Asustek, Jonnie Shih, “só é superior ao doutro teléfono” pero incluirá o accesorio que o converte en tablet. Poderemos atopar o Asus Padfone 2 libre no seu modelo de 32 Gb de almacenamento interno por 799 euros, mentres que o modelo de 64 Gb custará 899 euros.
- O Asus PadFone 2 tamén venderase en cor branca
Vídeo coa presentación do Asus PadFone 2 en Milán