Asus presenta o primeiro portátil cunha gráfica RTX 6000

mércores, 4 de setembro do 2019 Marcus Fernández

Coa vista posta nos creadores de contidos Asus presentou na feira IFA de Berlín o seu novo portátil ProArt StudioBook One, o primeiro en contar cunha gráfica nVIDIA Quatro RTX 6000, xunto cun procesador Intel Core de 9ª xeración, de xeito que convértese nun equipo portátil coas prestacións dunha estación de traballo capaz de abordar tarefas de cálculo intensivo, como pode ser o renderizado de animación ou a edición de vídeo 8K.
Os ProArt StudioBook One conta cun sistema de refrixeración potente, cun módulo térmico de aliaxe de titanio de grao aeroespacial, xunto cun deseño que procura un bo fluxo de aire no chasis, á vez que sitúa os elementos que disipan máis calor detrás da pantalla, para evitar que resulte incómodo colocar o equipo sobre as pernas.
Este portátil tamén conta cunha pantalla 4K cunha velocidade de refresco de 120 Hz e unha gama de cor Adobe RGB do 100%, polo que sería un bo equipo para o deseño gráfico e o traballo con vídeo.

PUBLICIDADE