Asus prepara un novo Chromebook con pantalla táctil

martes, 27 de decembro do 2016 Marcus Fernández

O Asus Chromebook Flip terá en breve un sucesor, o Asus C302CA, que filtrouse momentaneamente nunha tenda en liña, de xeito que puidemos coñecer as especificacións deste interesante equipo cun sistema operativo orientado á nube e que gañou moito atractivo dende que Chrome OS integrou a posibilidade de correr aplicacións de Android.
O Asus C302CA funcionará cun procesador Intel Core m3-6Y30 a 2,2 GHz, 4 GB de RAM, 64 GB de almacenamento EMMC, pantalla táctil Full HD de 12,5 polgadas, Wi-Fi AC, Bluetooth 4.2, 2 portos USB-C, Bluetooth 4.2, toma para auriculares e micrófono, webcam HD, lector de tarxetas microSD e teclado retroiluminado, un grosor de 1,37 centímetros e un peso de 1,2 quilogramos cunha batería de 2 celas.
Este novo ordenador tería un prezo de 499 dólares, polo que pode parecer un tanto caro, xa que sería un equipo bastante contido en especificacións, pero dado que ten un formato ultraportátil e unha pantalla táctil con boa resolución, de xeito que pode cubrir tanto funcións propias dun ordenador portátil como dunha tableta.

PUBLICIDADE