Assassin’s Creed Syndicate ofrecerase de balde para PC
martes, 18 de febreiro do 2020
O lanzamento do xogo Assassin’s Creed Unity foi un
auténtico desastre, ao chegar o tÃtulo ao mercado nun estado pouco maduro e con
bugs evidentes que danaron seriamente a sona da franquÃa de Ubisoft, e aÃnda
que tras varias actualizacións o xogo corrixiuse (de feito, os que se animaron
a probalo cando
se ofreceu de balde tras o incendio de Notre-Dame publicaron excelentes
crÃticas do mesmo), o mal sabor de boca deixado fixo que en 2015 o lanzamento
de Assassin’s Creed Syndicate fose un fracaso que levou a deter a
publicación de novas entregas da saga e colocar a franquÃa en barbeito para
renovala profundamente en Assassin’s Creed Origins.
Temos asà que foron moi poucos os que chantaron o dente a Assassin’s Creed
Syndicate, tÃtulo inxustamente maltratado, que trasladaba a acción á Revolución
Industrial, permitÃndonos percorrer Londres como Jacob Frye ou da súa irmá
xemelga Evie Frye, permitindo que elixamos entre a infiltración e ataques sutÃs
ou enfrontamentos máis directos e brutais.
Dende a tenda de Epic Games parecen dispostos a corrixir a situación, e a
partires do vindeiro xoves van ofrecer de balde os xogos Faeria e Assassin’s
Creed Syndicate, que poderán reclamarse
para a nosa colección de xogos durante toda unha semana. Sen dúbida, unha
grande nova para os xogadores de PC que non puideron achegarse a un xogo máis
que digno, que padeceu os erros de entregas anteriores e da fatiga dunha franquÃa.
- En Assassin’s Creed Syndicate podemos optar por controlar a Evie Frye se queremos facer unha maior aposta polo sixilo