Assassin’s Creed: Revelations porá fin á historia de Ezio

xoves, 5 de maio do 2011 Marcus Fernández

JPEG - 87.2 KB
Primeira imaxe oficial do xogo

Tras varios días con filtracións e rumores, Ubisoft confirma o desenvolvemento de Assassin’s Creed: Revelations, xogo para Xbox 360, PlayStation 3 e PC que pretende por fin á triloxía de Ezio Auditore (protagonista de Assassin’s Creed II) seguindo os pasos de Altair e trasladándose a Constantinopla, onde un exército templario ameaza con desestabilizar a rexión.
O xogo permitirá tomar o control de Altair, Ezio e Desmond e aínda que deberiamos ter que agardar ao E3 para coñecer máis detalles, a revista Game Informer de xuño dedicaralle a súa portada e 12 páxinas.
Dende Ubisoft tamén aseguran que este xogo que chegará ás tendas en novembro terá un modo multi-xogador ampliado e refinado, o que agradecerán os usuarios que gustasen especialmente de Assassin’s Creed: La Hermandad.

JPEG - 200.7 KB
Game Informer destacará o xogo no seu número de xuño

PUBLICIDADE