Assassin’s Creed Origins sae á venda

venres, 27 de outubro do 2017 Marcus Fernández

Tras numerosos periplos polas antigas Damasco, Xerusalén, Florencia, Roma e Constantinopla, a guerra de independencia estadounidense, a revolución francesa e o Londres vitoriano, a franquía de Assassin’s Creed dá un grande salto ao pasado, e sitúase no Antigo Exipto, aproximadamente no ano 49 antes de Cristo, facilitándonos así ser testemuña das accións que levaron ao nacemento da Irmandade, de aí que este xogo leve por nome Assassin’s Creed Origins.
Estamos ante un título que sae hoxe á venda para Xbox One, PlayStation 4 e PC, despois dun ano de descanso da saga para facilitar a súa reformulación, de xeito que atopamos agora a entrega máis ambiciosa da franquía, cun impresionante número de novidades e uns escenarios moi vastos que percorrer, atopando numerosos elementos cos que interactuar, de xeito que tanto atoparemos misterios nas pirámides como teremos que sobrevivir ao ataque de bestas salvaxes, á vez que haberá que ir equipándose de armas e evolucionando na destreza nos combates para poder derrotar a desafiantes contrincantes.

No xogo haberá que sobrevivir ao ataque de enormes bestas
O xogo terá toques de RPG, de xeito que teremos que equiparnos con armamento para poder facer fronte a desafiantes inimigos

Tráiler de lanzamento

PUBLICIDADE