Assassin’s Creed III terá 60 minutos de xogo exclusivo na súa versión para PS3

martes, 7 de agosto do 2012 Marcus Fernández

O vindeiro 31 de outubro chegará ás tendas europeas o agardado Assassin’s Creed III, xogo de Ubisoft que xa pode reservarse en numerosas tendas, o que permite descubrir detalles non desvelados oficialmente pola súa compañía, como na tenda británica de Amazon, onde aparece unha etiqueta sobre a portada da versión para PlayStation 3 na que se detalla que o xogo inclúe 60 minutos de xogo en exclusiva.
Realmente non estamos ante algo moi sorprendente, pois en anteriores entregas de Assassin’s Creed xa había misións exclusivas para PS3, e segundo parece, nesta ocasión a versión de PlayStation 3 da nova entrega podería ter ata 4 millóns descargables exclusivas.

PUBLICIDADE