Asphalt 8: Airborne pasa a ser de balde para Windows 8/RT e Windows Phone 8

martes, 21 de xaneiro do 2014 Marcus Fernández

O pasado verán Gameloft adiantaba que estaba a preparar o lanzamento do seu popular xogo de condución Asphalt 8: Airborne para Windows Phone 8 e Windows 8/RT, e tras estrealos como títulos de pagamento nestas plataformas hai un par de meses, reciben agora unha actualización que os converte en xogo free-to-play, de xeito que podemos gozar deste magnífico xogo de balde, aínda que a súa aplicación inclúe pagamentos para ampliar a súa experiencia.
Asphalt 8: Airborne ofrece un catálogo de 47 coches de alto rendemento (con licenzas como Lamborghini e Ferrari), 9 circuítos diferentes, acción multi-xogador con ata 8 opoñentes reais á vez (sendo posible tamén retar aos amigos a carreiras asíncronas), gráficos moi detallados e incluso unha magnífica banda sonora na que se inclúe temas con licenza de Bloc Party, Mutemath e The Crystal Method.

Asphalt 8: Airborne é un xogo de condución cunha factura impecable desenvolvido por Gameloft Barcelona

PUBLICIDADE