Aseguran ter vulnerado a seguridade da PS3

luns, 25 de xaneiro do 2010 Marcus Fernández

Hotz informou a través de Twitter da súa fazaña

George Hotz, un dos expertos en seguridade detrás de varios dos métodos de liberación do iPhone de Apple, e tamén coñecido polo alcume de Geohot, publicou no seu blog que conseguiu crackear a PlayStation 3 de Sony, o que significaría que foi quen de copiar bloques de memoria da consola sen extraelos ou utilizar chips adicionais, o que non significa que a PS3 estea pirateada, senón que agora comezará todo un proceso de enxeñería inversa no que estudarán as interioridades da consola, que demostrou estar moi ben protexida, pois, de ser verdade a afirmación de Geohot, foron precisos máis de 3 anos para vulnerar de xeito consistente a súa seguridade.
Hotz asegura que queda bastante traballo por diante, e comenta que non vai publicar as súas descubertas, o que xa é habitual neste tipo de avances, que restrinxen a un grupo moi reducido de desenvolvedores, tanto para evitar que algún terceiro tire proveito económico, como para que non parcheen a vulnerabilidade detectada antes de poder explotala efectivamente.

PUBLICIDADE