As xornadas EficienTIC 2013 desenvolveranse en Vigo nos meses de febreiro e marzo
xoves, 17 de xaneiro do 2013
Por segundo ano consecutivo, as entidades CITEXVI, EnergyLab e Gradiant, organizan en febreiro e
marzo, unha serie de obradoiros e xornadas dirixidas a estudantes de ESO e
Bacharelato centradas na tecnoloxía e na eficiencia enerxética no edificio
CITEXVI, situado no Campus Universitario de Vigo (CUVI). As xornadas arrincarán
o vindeiro 19 de febreiro, e repetiranse o 21, 26 e 28. En marzo, desenvolveranse
os días 5, 7, 12, e 14 do mes.
As actividades de EficienTIC 2013, incluirán
demostracións e visitas guiadas, completadas con obradoiros para aprender como utilizar
a tecnoloxía que nos rodea do xeito máis eficiente posible e como esta mesma tecnoloxía
pode axudarao medio ambiente, como as enerxías renovables poden alimentar as
nosas máquinas ou como facer funcionar aparatos sen electricidade.
As prazas están cubertas e hai centros en lista de
espera. A organización espera que as
actividades “sirvan para achegaraos
rapaces á ciencia e á tecnoloxía e que fagan súas ferramentas que permiten un
aforro enerxético considerable”.
Estas xornadas, que están co financiadas pola
FECYT (Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología) e o Ministerio de Economia
e Competitividade, supoñen a segunda edición da actividade de divulgación
científica organizada en colaboración polas tres entidades aloxadas en CITEXVI.