As tendas GAME lanzan un plan renove para mercar a Xbox One X
luns, 1 de outubro do 2018
Os
usuarios que queiran dar o salto a Xbox One X, a consola doméstica máis potente
do mercado, e queiran facelo do xeito menos traumático economicamente, poden
aproveitar até o vindeiro dÃa 10 o plan
renove que teñen nas tendas GAME co gallo do lanzamento do xogo Forza Horizon 4, que é un dos que tira
especial proveito das capacidades gráficas da Xbox One X.
A consola de Microsoft está valorada por 479,95 euros, pero ao entregar unha
consola anterior, nas tendas GAME fan unha valoración vantaxosa das mesmas, de
xeito que neste caso, achegando unha PlayStation 4 con 1 TB de disco duro e un
mando poderá mercarse a Xbox One X por só 169,95 euros. No caso de entregar
unha PS4 con 500 GB de disco o prezo da nova consola serÃa de 194,95 euros; por
unha Nintendo Switch con 2 Joy-Con o prezo da Xbox One X quedarÃa en 164,95
euros e, por unha Xbox One S de 1 TB con mando o prezo a pagar serÃa de 274,95
euros.
A promoción está limitada a un milleiro de unidades, e as consolas entregadas
terán que estar en perfecto estado estético e de funcionamento.
A Xbox One X do programa renove de GAME inclúe o xogo PLAYERUNKNOWN’S BATTLEGROUNDS.