As tapas-teclado para Surface chegarán en dous modelos distintos
mércores, 24 de outubro do 2012
Un dos detalles que máis captou á atención do público na
presentación do Surface de Microsoft foi a súa tapa-teclado, quedando a dúbida
de se serÃa confortable para traballar, e agora que estes accesorios figuran na
páxina web de Microsoft de cara á estrea de Surface o vindeiro venres imos coñecendo
os detalles deste tipo de accesorio, que chegará en dúas versións. Por unha
banda teremos a impresionante Touch Cover,
que cun grosor de só 3 milÃmetros achegará unha experiencia que promete dobrar
a velocidade de tecleo nunha pantalla táctil, aproveitando tamén o seu deseño
para venderse en 5 cores distintas (negro, branco, azul ceo, morado e vermello)
que poidan reflectir a personalidade do usuario. Por outra banda tamén estará
dispoñible a Type Cover,
que con 6 milÃmetros de grosor consegue un acabado comparable ao dos teclados
de moitos ultraportátiles, contando tamén con teclas de función, converténdose
na opción ideal para usuarios profesionais. Ambos accesorios inclúen tamén un
trackpad táctil, de xeito que converterÃan un tablet con Surface nun
dispositivo semellante ao un portátil.
Un dos detalles máis interesantes destas tapas-teclado é que non se limitan a
apagar a pantalla do tablet cando están pechadas, senón que tamén detectan a
súa posición, de xeito que cando están abertos ata 180 graos operan con
normalidade, mentres que se están abertos máis de 180º desactÃvanse as teclas e
o trackpad para evitar pulsacións accidentais.
- A Type Cover, con 6 milÃmetros de grosor, consegue unha experiencia de uso comparable á dos Ultrabooks
Interesante vÃdeo sobre a Touch Cover