As sagas de Forza e Battlefield destacan nos Xogos con Gold de setembro

xoves, 24 de agosto do 2017 Marcus Fernández

Os subscritores Gold de Xbox LIVE van poder gozar durante o mes de setembro dunha selección de xogos bastante interesantes para incorporar á súa colección dixital, destacando principalmente que durante todo o mes poderá canxearse o xogo Forza Motorsport 5: Racing Game of the Year Edition para Xbox One, o que agradecerán os que aínda non se achegaran á franquía de xogos de motor de Microsoft na nova xeración de consolas. Para Xbox One chegará na segunda metade de setembro un título independente, Oxenfree, que propón unha historia de suspense con toques sobrenaturais.
Máis interesantes son os xogos de Xbox 360 (que poden xogarse tamén en Xbox One grazas á retrocompatibiliade), que comezarán con Hydro Thunder Hurricane, un xogo de carreiras de barcos con diversidade de escenarios e naves transformables que ofrecen unha diversión bastante directa, mentres que o prato forte será Battlefield 3, o shooter bélico de Electronic Arts que aposta pola acción multixogador.

Vídeo promocional dos Xogos con Gold de setembro

PUBLICIDADE