As redes socias e a súa utilidade para superarmos a crise da COVID-19, ao detalle nunha sesión de AJE Ferrolterra

mércores, 25 de novembro do 2020 S. P.

AJE Ferrolterra e a Xunta, ao abeiro da súa colaboración para favorecer a transformación tecnolóxica das persoas autónomas e das pemes a través de xornadas de balde (catro xornadas online) sobre ferramentas dixitais e empresas, van organizar este xoves 25 de novembro unha nova sesión (a última das catro previstas) na que está previsto avaliar o panorama actual das redes sociais no marco da COVID-19.
En detalle, na nova xornada mostrarase aos asistentes até que punto mudou o uso que lle damos hoxe a estas ferramentas para traballar, ao tempo que se lles fará chegar recomendacións sobre o uso profesional das mesmas (evitar novas falsas, evitar difundilas, tirar proveito útil das redes sociais na nosa organización, como incrementar a reputación, etc).
A xornada levarase a cabo a través de Zoom en horario de 16.00 a 20.00 horas. As inscricións poden realizarse a través do teléfono 981 333 322 o del correo electrónico aje@cofernet.com. Ao remate da sesión abrirase unha quenda de preguntas sobre os conceptos previamente achegados.

PUBLICIDADE