As propinas chegan a Twitter en inglés

xoves, 6 de maio do 2021 Marcus Fernández

Twitter continúa avanzando nas posibilidades de monetización da súa plataforma, e finalmente incorporan unha funcionalidade bastante básica que pode resultar moi práctica para profesionais e organizacións benéficas de cara a consolas ingresos directamente do público: o bote de propinas.
O bote de propinas ou Tip Jar, é unha funcionalidade que bota agora andar entre un grupo limitado de usuarios que empregan Twitter en inglés, estando previsto que máis adiante chegue ao resto de linguas, e consiste nun novo botón xunto ao de Seguir a través do que os usuarios poden apoiar a un creador de contidos ou a unha entidade achegándolle cartos a través de Bandcamp, Cash App, Patreon, Venmo e PayPal, sen que Twitter reciba comisión algunha de tal operación. Como detalle, no caso de Android as propinas tamén están dispoñibles en Twitter Spaces, o que pode resultar moi práctico para sacar cartos da organización de directos de audio ou incluso para a organización de actividades solidarias.

PUBLICIDADE