As polémicas fotografÃas de Berlusconi disparan a audiencia de ElPaÃs.com
venres, 5 de xuño do 2009
- Medios estranxeiros como La Repubblica deron conta da información publicada por El PaÃs
Esta mañá o diario
El PaÃs publicaba na súa edición impresa unhas fotografÃas
inéditas e polémicas de Silvio Berlusconi que estaban vetadas para
os medios italianos e que amosaban ao polÃtico e empresario italiano nunha desinhibida festa na mansión Villa
Certosa, pero na Internet tiraron un proveito moi especial desta exclusiva mundial,
e publicaron tal información tamén con texto traducido
ao inglés e ao
italiano, o que valeulle unha repercusión internacional sen
precedentes, con medios de todo o mundo ligando a nova de El PaÃs e facendo que
por primeira vez no medio as visitas do estranxeiro superasen ao tráfico
español.
Dende El PaÃs aseguran que o conxunto de contidos relacionados coa exclusiva
superaban os 4,5 millóns de visitas ás 17:00 horas e os
7 millóns no dÃa completo, destacando tamén o feito de que as redes
sociais contribuÃron a este éxito, xa que detectaron que o tráfico orixinado en
Facebook multiplicárase por 10 nas últimas horas.
Este
tipo de informacións demostran o potencial da Internet á hora de
acadar unha importante repercusión mediática internacional.