As novas unidades SSD de Samsung conseguen velocidades de até 2,5 GB/seg.
mércores, 23 de setembro do 2015
As unidades SSD están chamadas a suceder aos discos duros
nos nosos equipos informáticos, conseguindo unha considerable mellora no
rendemento dos sistemas, levando ao lÃmite moitas das tecnoloxÃas de
transmisión de datos integradas nos ordenadores, e para continuar a avanzar
neste ámbito Samsung presenta a nova
unidade SSD Samsung 950 PRO, que achega ao mercado de consumo unha unidade
cunhas prestacións propias do sector profesional.
A Samsung 950 PRO serÃa a primeira unidade SSD de consumo NVMe para PCIe 3.0,
que nun tamaño moi compacto facilitarÃa a súa integración en equipos portátiles
que gozarÃan asà tanto dun bo desempeño como dun importante aforro de enerxÃa.
Esta nova unidade conseguirÃa multiplicar por 4 a velocidade das unidades SSD
habituais, de xeito que a súa versión de 512 GB conseguirÃa velocidades de
lectura/escritura secuencia de até 2.500 e 1.500 MB por segundo respectivamente.
Tamén estarÃa dispoñible unha versión desta unidade con 256 GB de capacidade (con
velocidades de até 2.200/900 MB/seg.), que custará 199,99 dólares cando saia á
venda a primeiros do mes que vén, mentres que o modelo de 512 GB terá un prezo
de 349,99 dólares.
- As velocidades de até 2,5 GB por segundo de lectura e até 1,5 GB por segundo de escritura poñen a proba as velocidades internas dos equipos informáticos, conseguindo atender con soltura procesos con grande movemento de datos mantendo un consumo reducido