As novas tabletas de Samsung estrean 5G e pantallas a 120 Hz

xoves, 6 de agosto do 2020 Marcus Fernández

Aínda que o Galaxy Note20 é o produto de referencia da familia Galaxy para a produtividade, para os que precisan dunha pantalla de maior tamaño para traballar contaremos tamén cun par de tabletas que combinan a capacidade dun ordenador persoal coa flexibilidade dunha tableta e a conectividade dun smartphone, a Galaxy Tab S7 e a Galaxy Tab S7+, destacando esta última por contar cunha versión con conectividade 5G.
As novas tabletas Galaxy Tab S7 e S7+ contan cun potente procesador e, grazas ao S Pen, poden contar con prestacións equiparables á dun Galaxy Note20 nunha pantalla de maior tamaño, que facilita a súa disposición como se tivésemos un ordenador portátil.
No caso da Galaxy Tab S7 estamos ante una tableta con pantalla de 11 polgadas cunha resolución de 2.560 x 1.600 píxeles, cámara frontal de 8 Mpíxeles, cámara traseira dual de 13 e 5 Mpíxeles, catro altofalantes 4KG, Wi-Fi 6, Bluetooth 5.0, SPen, lector lateral de impresións dixitais, batería de 8.000 mAh e un prezo de 699 euros con 6 GB de RAM e 128 GB de almacenamento e de 779 euros con 8 GB de RAM e 256 GB de almacenamento interno. Estas tabletas poderían adquirirse con conectividade 4G por 100 euros máis.
Pola súa banda, o Galaxy Tab S7+ ten unha pantalla Super AMOLED de 12,4 polgadas cunha resolución de 2.800 x 1.752 píxeles cunha velocidade de refresco de até 120 Hz, que incrementa a súa batería até os 10.090 mAh e leva o sensor de impresións dixitais á propia pantalla, e véndese por 899 euros con 6 GB de RAM e 128 GB de almacenamento; ou por 979 euros con 8 GB de RAM e 256 GB de almacenamento interno, prezos que incrementaríanse en 200 euros se optamos pola súa versión con 5G.
Cómpre lembrar que estas tabletas que inclúen S Pen poden completarse cunha funda con teclado que practicamente converte a tableta nun portátil, facilitando o seu uso para tarefas de produtividade.

PUBLICIDADE