As mulleres de Rianxo avanzan en coñecemento dixital

mércores, 2 de novembro do 2022 S. P.

Xa comezou en Rianxo o curso de Competencias Dixitais Básicas do Concello, concibido para impulsar a dixitalización da poboación feminina do municipio, rachando coa fenda dixital que segue a separar ás mulleres dos homes en materia de coñecemento das ferramentas informáticas, e que se deu agravado coa pandemia. Porén, o Concello explicou que as persoas interesadas en participar nesta formación aínda poden facelo a través do 621 180 896, onde tamén poden informarse dos vindeiros cursos tecnolóxicos que se van convocar.
A actividade formativa abéirase ao programa ‍Muller Dixital, unha iniciativa de formación que ten como obxectivo “mellorar as competencias dixitais das mulleres galegas que se atopan en situación de desemprego e que lles permitirá aproveitar as posibilidades asociadas ás tecnoloxías dixitais”.
Muller Dixital é un programa financiado por fondos Next Generation da Unión Europea e promovido pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.

PUBLICIDADE