As medicións de OJDinteractiva confirman a boa saúde dos medios dixitais
mércores, 15 de abril do 2009- La Voz de Galicia logrou situarse coma o 10º medio en visitas e páxinas vistas
OJD fixo públicos os
resultados das súas medicións de medios interactivos, que levantaran moita
polémica o mes pasado por amosar uns datos claramente distorsionados no caso
dos medios de Unedisa (elmundo.es, marca.com e expansion.com), o que finalmente
leva
ao grupo Vocento a abandonar temporalmente este sistema de medicións
que xa
abandonara Prisacom hai un par de anos, o que fai dubidar da
utilidade dunha plataforma da que están ausentes varios dos máis importantes
axentes do mercado.
Pero a polémica non é o
único rechamante relativo aos datos de OJDinteractiva, xa que anunciaron que en
marzo os
383 medios auditados estarÃan a rexistrar un record histórico,
estando na súa meirande parte nun crecemento constante que reflicte a boa saúde
dos medios en liña.
- A meirande parte dos medios galegos experimentaron un incremento de visitas e tráfico nos últimos meses
Entre as novas incorporacións a este sistema de medicións hai que mencionar a
medios coma infobolsa.es, Weblogs SL, trailersdecine.com, hardgame2.com,
diaridecatalunya.cat e o blog Microsiervos (do que 1 dos seus 3 máximos
responsables é galego).
Na listaxe xeral de medios informativos aparecerÃa coma lÃder Elmundo.es,
seguido por 20Minutos.es, aÃnda que podemos destacar os excelentes resultados da edición dixital
de La Voz de Galicia, que conseguiu acadar a 10ª
posición do seu sector en número de visitas e páxinas vistas entre
as empresas auditadas por OJD. Atendendo a medios galegos, La Voz estarÃa
seguida en éxito por Faro de Vigo, El Correo Gallego, La Opinión e Galiciaé por
esta orde, aÃnda que cómpre destacar que un mero blog coma Microsiervos,
de ser considerado un medio de comunicación xeneralista serÃa comparable ao Faro
de Vigo (ao que supera en usuarios únicos e visitas, aÃnda que non
en páxinas vistas).
Como vén sendo
habitual, La Voz de Galicia suma máis visitas nun mes que o resto de medios
galegos auditados xuntos (tanto en visitas coma en páxinas, non sendo coherente
aplicar tal comparación a usuarios únicos, por existir interseccións entre as distintas cabeceiras), polo que case parece
existir unha translación directa entre os lectores dentro e fóra da Rede.