As máquinas Game & Watch rexurden na Nintendo DSi
xoves, 25 de marzo do 2010
A
primeiros dos anos 80, unha das principais figuras dos videoxogos, Gunpei Yokoi
(recoñecido coma o pai da Game Boy), deseñou un tipo de maquiniñas portátiles
moi sinxelas coñecidas coma Game &
Watch, e que foron as claras precursoras das consolas de videoxogos
portátiles.
Pese a contar cunha tecnoloxÃa ao nivel dunha calculadora permitÃa
replicar xogos de éxito coma o Donkey Kong (probablemente o xogo máis popular
neste tipo de dispositivos), e para celebrar o 30 aniversario destes
dispositivos decidiron
lanzar a través de DSiWare un xogo descargable que permite rememorar as vellas Game & Watch na pantalla
das Nintendo DSi.
Durante o ciclo de vida das vellas Game
& Watch saÃron 59 xogos portátiles fabricados por Nintendo, que son
toda unha peza de coleccionista, que pouco a pouco iranse recuperando, chegando
esta semana a un prezo de 200 puntos 3 xogos dos máis representativos:
Chef (no que habÃa que manter comida no aire coa axuda dunha tixola), Judge (no
que en décimas de segundo habÃa que optar entre golpear ou esquivar a un
opoñente) e Mario’s Cement Factory (unha das primeiras aparicións de Mario, nas
que o fontaneiro debe ir enchendo formigoneiras sen accidentarse).
Anuncio xaponés dos Game & Watch adaptados á Nintendo DSi