As lentes de realidade aumentada de Sony chegarán a España en marzo
martes, 17 de febreiro do 2015
O pasado mes de setembro Sony presentaba
as súas SmartEyeglass, unha solución de realidade aumentada a través de
lentes binoculares que para o mes que vén
estarán dispoñibles para a súa venda en 10 paÃses (entre os que está
incluÃdo España), pero que dende hoxe mesmo xa poden encargarse dende Reino
Unido e Alemaña nunha edición para desenvolvedores coñecida como SmartEyeglass
Developer Edition SED-E1, que terán un prezo de 670 euros, aÃnda que polo
momento estariamos ante un produto para o desenvolvemento que só se venderÃa
para empresas.
Estas curiosas lentes buscan facer un achegamento semellante ao das Google
Glass, pero parten dunhas especificacións máis modestas, o que farÃa máis doada
a súa implantación en ambientes corporativos (xa que o seu prezo de partida é
considerablemente inferior). A pantalla que integran as lentes ten unha
resolución de 419 x 138 pÃxeles, xerando as imaxes en 8 tons de verde e
presentando 15 imaxes por segundo.
As Sony
SmartEyeglass integran unha cámara de 3 MpÃxeles, acelerómetro, xiroscopio,
compás dixital, sensor de luz ambiental, micrófono con cancelación de ruÃdo,
Bluetooth 3.0, Wi-Fi, NFC e un controlador externo. Son compatibles con Android
4.4 e superior, pesan 77 gramos sen contar os cables nin o controlador (que
pesa 44 gramos) e a súa autonomÃa sen empregar a cámara serÃa de 150 minutos,
reducindo a 80 minutos cando empreguemos a cámara.
Queda agora por ver os usos que se lle van atopando a esta tecnoloxÃa, que
poderÃa servir para engadir información ao que estamos a ver (estatÃsticas dos
xogadores mentres vemos un partido), datos do lugar onde nos atopamos (durante
unha visita turÃstica) ou incluso para presentar instrucións paso a paso sobre
como realizar unha reparacións sobre un motor ou sobre os paquetes que hai que
trasladar nun almacén. Toda unha sorte de posibilidades que deberán explorar os
desenvolvedores para ver se esta tecnoloxÃa pode converterse nunha realidade en
meses, ou se queda no conxelador indefinidamente como parece que está a pasar
coa proposta de Google.