As lámpadas Philips Hue poden sincronizarse coa música de Spotify
mércores, 1 de setembro do 2021
As lámpadas Philips Hue son o principal referente en
iluminación domótica, contando con numerosas funcións que xogan coa intensidade
e mesmo coa cor para conseguir ambientacións agradables en función de distintos
parámetros, de xeito que podemos contar con automatismos ou incluso de control
por voz, pero hoxe inician unha prestación máis curiosa en
acceso anticipado: a
integración con Spotify.
Esta nova funcionalidade permite que ligar a reprodución musical á iluminación
que teñamos no fogar, conseguindo unha experiencia inmersiva grazas á análise
dos metadatos incluÃdos nas cancións e que asà permiten que a iluminación mude
de intensidade e cor, e mesmo pestanexe ao ritmo da música, adaptándose ao xénero,
o ton, o ritmo e outros parámetros. O usuario pode definir a intensidade das luces
e a paleta de cores que desexe, asà como cando quere que a sincronización
musical se active.
Para poder gozar de Philips Hue + Spotify é preciso contar con lámpadas Philips
Hue con control de cores, un bridge domótico de Philips (ou sexa, que
non funcionarÃa con pontes como as integradas nos altofalantes Amazon Echo),
un dispositivo de audio e unha conta de Spotify (incluso de balde).
VÃdeo promocional de Philips Hue + Spotify