As futuras Xbox contarán cun sólido catálogo de videoxogos
venres, 24 de xullo do 2020
Que
este ano non se celebrase a feira E3 levou a que as grandes presentacións de
consolas de videoxogos de nova xeración e dos seus xogos estean fragmentadas, e
no caso de Microsoft esta semana é cando tivemos o Xbox
Game Showcase, un escaparate para os grandes tÃtulos que encabezarán a nova
xeración, que segundo a compañÃa de Redmond supón «o catálogo de xogos máis
grande, creativo e diverso da historia das consolas».
O grande xogo que servirá de estandarte da nova xeración será Halo
Infinite, a entrega da franquÃa de Halo máis ambicioso até o
momento, que chegará con novas mecánicas de xogo, batallas máis grandes, vistas
épicas e efectos visuais máis complexos que nunca, xa que esta produción
aproveitará todas a potencia de Xbox Series X, conseguindo que a campaña poida
moverse de xeito estable a 60 fotogramas por segundo.
- Na presentación Phil Spencer detallou algún dos portentos que conseguirá o hardware da Xbox Series X
Pero Halo Infinite non será o único reclamo de Xbox, xa que a plataforma
de xogos de Microsoft tamén contará con moitas primicias, como As Dust Falls,
Avowed, o reboot de Fable, Forza Motorsport, The
Gunk, Phantasy Star Online 2: New Genesis, S.T.A.L.K.E.R 2, State
of Decay 3, Warhammer 40.000: Darktide e Tetris
Effect: Connected (unha variante de Tetris Effect que contará
con modos multixogador en liña e local, tanto competitivos como cooperativo).
Na presentación de Xbox tamén realizaron avances de detalles sobre CrossfireX,
Destiny 2: Más allá de la luz, Everwild, Grounded, The
Medium, The Outer Worlds: Peril on Gorgon, Psychonauts 2 e Tell
Me Why; aproveitándose a ocasión para anunciar Balan Wonderworld, Dragon
Quest XI S: Echoes o fan Elusive Age – Definitive Edition, Echo Generation,
ExoMecha, Hello Neighbor 2 e Watch Dogs: Legion.
Durante a presentación tamén confirmáronse unha chea de tÃtulos que contará con
optimizacións para Xbox One X, de xeito que aÃnda que estean dispoñibles para
consolas da presente xeración, no caso de contar cunha consola de nova xeración
poderase gozar destes xogos cunhas texturas, efectos e niveis de detalle
propios das novas máquinas.
O Xbox Game Showcase está centrado principalmente en xogos desenvolvidos por
estudios de Microsoft ou cos que a compañÃa ten acordos, de xeito que os xogos
amosados estarán presentes no catálogo de Xbox Game Pass no dÃa do seu
lanzamento, o que é a confirmación de que a estratexia de Microsoft no mundo
dos videoxogos é apostar polos servizos de subscrición, liña na que diferéncianse
claramente de Sony, compañÃa que aposta máis por grandes tÃtulos exclusivos de
produción propia que saiban atraer a xogadores fieis.
VÃdeo co Xbox Game Showcase Ãntegro