As bibliotecas da Coruña combaterán o illamento da cidadanía durante a pandemia con cursos TIC
xoves, 22 de outubro do 2020
de/novas/nova/as-bibliotecas-municipais-ofrecen-cursos-de-inclusion-dixital-para-superar-o-illamento-neste-tempo/suceso/1453744892994">Bibliotecas
Municipais da Coruña puxeron en marcha un novo programa de formación
TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación) dirixido
especialmente a aquelas persoas que sofren “en maior medida as
restricións e limitacións sociais establecidas para superar a crise
sanitaria”, impedíndolles acceder aos recursos e aos coñecementos
precisos para utilizar os medios dixitais.
O
obxectivo é facilitar ao máximo o acceso a este tipo de
ferramentas, agora que se puxo de manifesto que son a única
alternativa a todo tipo de procesos que antes podían levarse a cabo
de xeito presencial, procesos relacionados coa comunicación, coa
información e cola colaboración. O deseño da formación vén
marcado polos condicionamentos e restricións sociais que impón a
pandemia da COVID-19.
Ao
abeiro deste compromiso contra a fenda dixital, as bibliotecas
planificaron cursos presenciais de distinta duración para ensinar,
entre outros moitos contidos, a realizar videochamadas, sacar todo o
proveito a WhatsApp, coñecer as redes sociais máis populares ou
utilizar Youtube como ferramenta de aprendizaxe. En termos máis
concretos, a maior parte das sesións de capacitación faranse sobre
o alicerce dos teléfonos móbiles do alumnado debido á
universalización do seu uso.
As
bibliotecas explicaron que a formación “non é puramente
instrumental senón que vén acompañada dunha serie de consellos
para evitar as noticias falsas ou fake news, facer un uso
ético da información ou recomendacións para relacionarse no mundo
dixital e a súa nova linguaxe”.
Apoiarase
tamén na fórmula da “atención tecnolóxica”, onde “unha
persoa experta en cada unha das bibliotecas da rede atende de maneira
individual e persoal a calquera persoa usuaria que teña dúbidas ou
problemas no ámbito dixital, a configuración de dispositivos ou a
realización de trámites en liña”.
O
calendario formativo, así como toda a información sobre a atención
tecnolóxica está
dispoñíbel na web de bibliotecas.