As bandas sonoras dos videoxogos danse cita no Náutico de Castrelo

venres, 8 de marzo do 2019 Marcus Fernández

Este sábado ás 12:00 o Parque Náutico de Castrelo vai ser o escenario do peche da cuarta edición do ciclo de recitais didácticos de música ContemporáneA, que casa músicas e artes contemporáneas e experimentais, e que nesta ocasión contará con Erea Carbajales para abordar As bandas sonoras nos videoxogos.
Carbajales é licenciada en Etnomusicoloxía polo Conservatorio Superior de Música de Vigo e estudante no mesmo centro das especialidades de Violín e Musicoloxía Histórica, e como musicóloga focaliza os seus intereses no estudo da música dos videoxogos, tema que abordou nunha serie de conferencias impartidas no Conservatorio Profesional de Música de Ourense, no Grao en Música Online UNIR ou no Museo de Arte Contemporánea de Vigo e, sobre todo, no seu traballo de fin de grao, titulado Análise da música dos videoxogos, polo que conseguiu unha mención de honra polo estudio de Castlevania: Lords of Shadow (título de 2010 que pode considerarse o meirande éxito de MercurySteam, que recibiu moitos recoñecementos pola súa banda sonora, obra do compositor Óscar Araujo).
Tamén é violinista da Orquestra Sinfónica Vigo 430 e na banda de NeoFolk Ad Heyra Liti; e xunto ao compositor e pianista Brais González ten o podcast de divulgación sobre musicoloxía e investigación musical Anónimo IV.

Cartel promocional do evento do vindeiro sábado

PUBLICIDADE