As aplicacións móbiles do Dicionario da RAE están dispoñibles de balde

xoves, 19 de xullo do 2012 Marcus Fernández

Imaxes da aplicación para iPad do Dicionario da RAE

O Dicionario da Lingua Española da RAE, desenvolvida polo Grupo Planeta, editor da obra, xa pode consultarse de balde en dispositivos móbiles a través da aplicación para iPod Touch, iPhone e iPad ou a destinada a terminais que operen con Android. A través destas aplicacións pode accederse aos mesmos contidos que actualmente están dispoñibles na páxina web da Real Academia Española, incluíndo melloras e novidades (como a consulta escalonada, por aproximación, sen caracteres internacionais, de formas complexas) e coa última actualización do dicionario (que recolle numerosas modificacións efectuadas nos últimos anos), destacándose os contidos que fosen modificados dende a 22ª edición impresa do dicionario.
Dende a RAE aseguran que a consulta do seu dicionario en liña continúa a medrar de xeito importante, rexistrando máis de 65 millóns de buscas no mes de maio.

PUBLICIDADE