As Tartarugas Mutantes terán novo xogo descargable no verán

luns, 4 de marzo do 2013 Marcus Fernández

O pasado outono a canle televisiva Nickelodeon recuperou ás Tartarugas Mutantes nunha nova serie de televisión con gráficos tridimensionais xerados por ordenador, e inspirándose na mesma dende Activision anuncian que o vindeiro verán vai estar dispoñible en Xbox LIVE Arcade (Xbox 360), PSN (PS3) e Steam (PC) o xogo Teenage Mutant Ninja Turtles: Out of the Shadows, que será un típico beat’em up con movementos moi fluídos que permitirá xogar ata a 4 usuarios á vez en modo cooperativo (fórmula que xa adoptaron outros xogos desta franquía no pasado).
Este novo título está a ser desenvolvido por Red Fly Studio, e segundo parece, formará parte dunha triloxía, que é de agardar que non defraude, pois ao estarmos ante un xogo descargable o público farase unha mellor idea do que esperar, evitando así a maldición das conversións de películas e series de televisión en videoxogo.


Trailer de presentación do novo xogo das Tartarugas Mutantes

PUBLICIDADE