As Oficinas Agrarias Comarcais intégranse no novo modelo de impresión e dixitalización de documentos da Xunta
luns, 10 de decembro do 2018
A Xunta avanza un paso máis na dixitalización dos servizos
das Oficinas Agrarias Comarcais coa súa integración
no modelo corporativo de impresión e dixitalización de documentos. Con esta
iniciativa, que se completará antes de que remate o ano nos 68 centros da Rede,
a Administración complementa as actuacións en marcha para adaptar os postos de
traballo dos empregados públicos ás necesidades do proceso de dixitalización no
que está inmersa.
Para conseguilo aposta por un modelo de impresión e
dixitalización que establece a redución de dispositivos instalados e
xestionados, estendendo o uso compartido, e pola optimización de recursos a
través dun sistema de compra centralizada que integra, xunto coa adquisición de
equipos, o mantemento e a subministración de consumibles mediante o sistema de
pago por copia.
Renovación dimensionada
Tras unha análise previa das necesidades dos 68 centros que
integran a Rede de Oficinas Agrarias Comarcais, renovaranse 174 equipos,
homoxeneizando os modelos, o que simplifica a xestión e facilita o soporte en
remoto destas máquinas.
O novo modelo de xestión impulsa o uso compartido dos
equipos, co que as impresoras en postos individuais limitaranse para servizos
de atención directa ao cidadán ou para aqueles que manexen información
sensible. Ademais, priorÃzase a impresión en branco e negro, habilitando a
impresión en cor onde se determine por necesidades do servizo.
Un paso máis para unha administración dixital
Esta medida complementa a renovación integral dos preto de
500 equipos de sobremesa dos empregados das 68 oficinas comarcas realizado pola
AMTEGA en 2017, o que supuxo xa un importante pulo para facilitar o seu
traballo
É unha das actuacións do Plan de Acción de Dotación e
Xestión sostible no Posto de Traballo, que desenvolve AMTEGA para garantir que
os empregados públicos dispoñan dos medios tecnolóxicos axeitados ás súas
funcións e á prestación dos servizos dixitais para cidadáns e empresas que
require o contexto actual.
O Plan complementa as iniciativas que a Xunta vén
desenvolvendo desde o ano 2010 para implantar na Administración e acadar unha xestión
dixital de todo ciclo de vida dos documentos e dos procedementos
administrativos. Un proceso de transformación dixital da Administración no que
se está a avanzar en dous sentidos, no incremento dos servizos dixitais para
cidadáns e empresas pero tamén na dixitalización interna da Administración.