As Nosas 2026 reúne en Santiago o talento feminino que impulsa o futuro de Galicia
martes, 10 de febreiro do 2026
O encontro, organizado por Starup Galicia, As Nosas chega á súa terceira edición baixo o lema mulleres galegas, lÃderes e referentes, terá lugar o 6 de marzo na Fundación RIA de Santiago de Compostela unha nova xornada dedicada a dar visibilidade e conectar ás mulleres que están a transformar o ecosistema galego. O encontro, que se desenvolverá entre as 15:00 e as 18:00, aposta por poñer no centro ás creadoras, investigadoras, empresarias e profesionais que están a marcar o presente e o futuro do paÃs.
O evento reunirá perfÃs consolidados e voces emerxentes de ámbitos como a ciencia, a tecnoloxÃa, a comunicación ou o emprendemento. Entre as participantes confirmadas figuran Zaza Ceballos, de Zenit TV; Yanina Hallak, de UARX Space; e MarÃa José Cousillas, de Kusilas. Xunto a elas estarán emprendedoras que están a abrir novos camiños no tecido innovador galego, como Noemà RodrÃguez, de Himikode, ou Bibiana Rodino, de Beta Implants, ademais doutras profesionais que se incorporarán ao longo das próximas semanas.
A organización destaca que o obxectivo é crear un espazo de inspiración e intercambio no que as asistentes poidan coñecer de primeira man proxectos liderados por mulleres e establecer conexións de valor. A programación inclúe unha benvida inicial, unha sesión central dedicada ás referentes e emprendedoras, e un tramo final reservado para café e networking.
Startup Galicia lembra que o aforo é limitado e que en edicións anteriores as entradas esgotáronse con rapidez, polo que recomenda asegurar a praza con antelación. O encontro pretende consolidarse como unha cita anual imprescindible para recoñecer o liderado feminino e fortalecer a comunidade innovadora galega.
