As HTC Vive poderán reservarse a partires do 29 de febreiro
martes, 12 de xaneiro do 2016
Continuamos con
achegas para confirmar ao 2016 como o ano da realidade virtual, e para botar
máis leña ao lume The Telegraph adiante que unha das solucións que achegará
esta tecnoloxÃa ao grande público, as
HTC Vive, poderán reservarse a partires do 29 de febreiro, segundo declarou
ao medio británico o director xeral da compañÃa, Cher Wang.
Esta tecnoloxÃa irá na liña das Oculus Rift, ou sexa, que buscan crear unha
experiencia de realidade virtual avanzada, que vaia máis aló das experiencias
inmersivas creadas a partires de teléfonos móbiles, e tendo que enfrontarse
tanto á tecnoloxÃa de Oculus como ás futuras PlayStation VR.
Polo momento HTC non anuncia o prezo que terá o seu novo produto, que vai ter
que enfrontase a unha grande competencia, pero non podemos esperar ter algo
económico, pois lembremos que as Oculus Rift custarán 699 euros e un
descoido na páxina canadense de Amazon fixaba o prezo de PlayStation VR en
1.125 dólares canadenses (724 euros).
Dende HTC non só temen as estes dous grandes competidores, senón que tamén
prevén que xurda moita competencia de fabricantes chineses, o que poderÃa ser
todo un problema para a innovación neste ámbito que, cando menos na súa fase
inicial, precisa duns alicerces sólidos baseados, cando mÃnimo, nun número de
plataformas limitado para que os desenvolvedores saiban como deben dirixir os
seus esforzos para que os seus traballos resulten frutÃferos.
No caso das HTC Vive, para conseguir unha boa experiencia de uso empregarase un
potente ordenador, o que tamén é un importante freo para a súa adopción, xa que
só equipos actuais que custen máis de 1.000 euros serÃan capaces de procesar o
nivel de detalle que facilite unha realidade virtual de calidade (os
ordenadores habitualmente traballan a 30 imaxes por segundo, e na realidade
virtual é preciso achegar unhas 90 imaxes por segundo para conseguir enganar
aos sentidos).