As Bolas Máxicas terá xogo para Kinect
xoves, 12 de abril do 2012
- Dragon Ball Z for Kinect permitirá revivir moitos dos combates mÃticos da serie de televisión As Bolas Máxicas
AÃnda
que a franquÃa de Dragon Ball Z estea
sobreexplotada nos videoxogos, os seguidores das aventuras de Son Goku poderÃan
recibir con ilusión un novo tÃtulo que Namco Bandai anuncia que no
mes de outubro chegará á Xbox 360, Dragon
Ball Z for Kinect, pois será unha interesante achega aos combates que
puidemos ver en As Bolas Máxicas
empregando o noso corpo como mando, para o que poderemos empregar máis de 100
movementos entre os que non faltará a mÃtica onda vital.
Dragon Ball Z for Kinect terá máis de
50 personaxes xogables, cos seus ataques máis famosos e permitindo revivir as
batallas épicas da serie de televisión que puidemos ver no seu dÃa no XabarÃn
Club. O xogo tamén contará coa posibilidade de ler códigos QR para desbloquear
personaxes e obxectos potenciadores.
Cómpre lembrar que non é a primeira vez que o control por movementos chega a un
videoxogo da franquÃa, pois en 1994 no Xapón puideron gozar de Dragon
Ball Z: V.R.V.S., que na súa versión de luxo permitÃa dar golpes no
aire para que se reflectisen no xogo.
- O xogo contará con máis de 100 movementos
- Poderemos elixir entre máis de 50 personaxes do universo creado por Akira Toriyama
- Dragon Ball Z: V.R.V.S. xa incorporaba sensores de movemento a un xogo de loita de Son Goku