As Bolas Máxicas estrearán xogo de loita para 3DS

martes, 23 de xuño do 2015 Marcus Fernández

O 16 de outubro vai ser unha data para que os seareiros de As Bolas Máxicas marquen no seu calendario, xa que Bandai Namco vén de confirmar que será cando poña á venda en Europa o xogo Dragon Ball Z: Extreme Butoden, título desenvolvido por Arc System Works e que consiste nun xogo de loita en 2D no que reflectirán con fidelidade a máis dun cento de personaxes da serie de animación de Akira Toriyama, dos que 20 serán xogables.
Estamos ante o que tería sido o soño de calquera seguidor da serie de Son Goku durante a primeira emisión da serie, pero naqueles tempos, aínda que si existían xogos de loita inspirados na franquía, non se comercializaban oficialmente en España. Este título podería considerarse como o herdeiro virtual dos xogos de Super Nintendo que a primeiros dos anos 90 eran auténticas obras de culto, pese ás limitacións das consolas da época, que agora vense superadas pola potencia da Nintendo 3DS, onde a experiencia de xogo promete ser máis que satisfactoria.


Trailer xaponés do xogo

PUBLICIDADE