As Bolas Máxicas estrean xogo para Kinect

venres, 5 de outubro do 2012 Marcus Fernández

Tras xerar moita expectación e curiosidade, Namco Bandai pon hoxe á venda en Europa Dragon Ball Z para Kinect, xogo para Xbox 360 que aproveita o sensor Kinect para rexistrar os movementos do xogador para poder controlar a distintos personaxes da serie de televisión As Bolas Máxicas nos seus míticos combates, contando con máis de 100 movementos entre os que non falta a lendaria onda vital coa que Son Goku derrotaba a moitos dos seus inimigos.
Neste xogo hai máis de 50 personaxes recreados a partir da serie de televisión, contando este título coa posibilidade de desbloquear personaxes e obxectos no xogo mediante o escaneo de códigos QR coa cámara de Kinect.
Un título que destaca pola forma de plasmar a popular serie de animación na Xbox 360 e permitir vivila dun xeito sen precedentes, por non precisar do uso de mandos físicos para poder participar nos numerosos combates que no seu día puidemos ver na pantalla da Televisión de Galicia.

Os inimigos da serie de televisión foron recreados fielmente no xogo
En Dragon Ball Z para Kinect contamos con máis de 100 movementos entre os que figuran os ataques especiais máis populares da ficción creada por Akira Toriyama


Trailer do xogo para Kinect

PUBLICIDADE