Aryzon, o casco de realidade aumentada low cost
luns, 5 de xuño do 2017
Non son
poucas as solucións económicas que xurdiron nos últimos anos que facilitan o
aproveitamento dos smartphones como solucións de realidade virtual, entre os
que destaca o cartón
de Google, e agora que a industria parece querer mover o foto na realidade
mixta, chegan a Kickstarter un curioso proxecto que busca converter
calquera smartphone nun dispositivo de realidade aumentada tridimensional
grazas ao visor de baixo custo Aryzon.
Esta campaña de micromecenado que xa superou a súa meta, de xeito que os seus
mecenas deberÃan comezar a recibir as súas recompensas en setembro, e describe
o produto final como o cartón de Google para a realidade aumentada, xa que
Aryzon baséase no mesmo concepto: unha estrutura de cartón na que se sitúan
unhas lentes que reparten a imaxe da pantalla do teléfono en dúas metades (unha
para cada ollo) conseguindo un efecto estereoscópico.
Desta volta, a diferenza está
en que, en vez de enviar a pantalla directamente ás lentes, rebótase nun panel transparente,
de xeito que as imaxes do teléfono combÃnanse coa realidade, conseguindo asÃ
unha experiencia de realidade aumentada básica, pero moi práctica para
conseguir un efecto holográfico que pode ser útil para presentar modelos
tridimensionais no noso contorno, dun xeito semellante a como podemos ver cos
xogos de realidade aumentada da Nintendo 3DS, pero co realismo que achega a
resolución de pantalla dos teléfonos actuais e o feito de que as imaxes
aparezan fronte aos ollos do usuario.
AÃnda que este produto parece bastante sinxelo, e probablemente conte con numerosas
copias en breve, a súa adquisición agora parece bastante apetecible,
principalmente polo seu prezo, xa que por 29 euros (+ 4 euros de gastos de
envÃo) recibirase o casco de realidade aumentada Aryzon e a súa aplicación móbil,
cantidade económica o suficientemente axustada para que os entusiastas desta
tecnoloxÃa se lancen a probala.
VÃdeo promocional de Aryzon