Arturo Dopico dirixirá a compañía portuguesa de telecomunicacións Nowo/Oni

luns, 11 de novembro do 2019 Redacción

O pasado verán o Grupo MásMóvil entrou no mercado portugués a través operador Nowo e da compañía de cable Oni, que pretende converterse nun operador de banda larga fixa e móbil converxente con presenza en todo o territorio portugués, e para facer tal ficharon a tres dos principais directivos responsables do éxito inicial a galega R.
O que fora o máximo responsable de R durante 18 anos, Arturo Dopico, pasa agora a ocupar a dirección de Nowo/Oni, acompañándoo nesta aventura outras figuras importantes do despegue de R, Pablo Iglesias e Paco Rodeiro, que pasarán a asumir cargos de dirección financeira e de desenvolvemento de negocio respectivamente.
Dopico amosou a súa satisfacción por esta nova etapa do operador luso, asegurando que «gustaríanos aumentar as posibilidades de elección dos clientes na maior parte do país a partires dun proxecto profundamente enraizado en Portugal, e que agora recibirá un pulo moi forte para medrar e procurar a excelencia no servizo ao cliente».

PUBLICIDADE