Arranca mañá a edición virtual da XGN R Encounter cargada de competicións, conferencias, música e humor
venres, 9 de outubro do 2020
XGN R Encounter, a maior LAN party
de Galicia, comeza mañá a súa edición número vinte. Nesta ocasión
celebrarase virtualmente debido á situación derivada da COVID-19, a cal supuxo
que non sexa aconsellable o seu desenvolvemento de forma presencial.
AÃnda que noutro formato, este evento centrado na informática e as novas
tecnoloxÃas non falta asà á súa cita anual, contando por cuarto ano consecutivo
co patrocinio oficial de R, que
tamén proporciona a conectividade, e novamente co apoio da ConsellerÃa de
PolÃtica Social da Xunta de Galicia, impulsora da party.
Nesta 20ª XGN R Encounter habilitáronse 1080 prazas
virtuais, dispoñibles de forma
gratuÃta vÃa web e nas que os interesados poden inscribirse tamén durante a
party, a cal se clausurará ás 00.00h
da madrugada do domingo ao luns.
A XGN R Encounter 2020 contará no seu programa con máis de 30
actividades lúdicas e formativas. Os
inscritos contarán cun gran número de competicións. Na modalidade de arte
dixital, algunhas delas centraranse en curtametraxe, dobraxe, ilustración e
música dixitais ou retoque fotográfico, mentres que en hardware a modificación e personalización de equipos será
protagonista. En software libre o
desenvolvemento rápido de videoxogos e a programación de robots serán os retos
desta edición e en canto a videoxogos, celebraranse catorce torneos. Sumaranse
propostas moi divertidas, como o debuxo analóxico, o R karaoke ou o fast comic, no que haberá que contar
unha historia en oito viñetas.
Tamén para inscritos, pero xa abertas ademais a todo o público, haberá
numerosas charlas e talleres formativos con temas de gran interese, como
intelixencia artificial, informática e estatÃstica, programación ou introdución
ao deseño 3D, ademais de propostas máis lúdicas como o de tiras LED programables.
Actuacións e entrevistas
Moitas destas actividades, tanto dirixidas aos rexistrados como abertas ao
público xeral, serán retransmitidas e comentadas nun extenso programa que se emitirá en streaming durante os dous dÃas do
evento, a través de Twitch.
Este programa, que servirá de fÃo condutor ao evento, será presentado por
dous coñecidos streamers, Mery Soldier
e Alexshow. Contará con actuacións musicais, como as de DirectoD2 e Elesky, e
con entrevistas, entre as que destacan as que se realizarán ao músico Pablo
Novoa (ex Golpes Bajos e La Marabunta), e ao guionista José Antonio Pérez (Mi Mesa Cojea, Órbita Laika). Tamén haberá
espazo para o humor, cos televisivos Grison Beatbox e Jaime Caravaca, e para
interesantes entrevistas.