Código Cero - Diario Tecnolóxico de Galicia
SPIP | esqueleto | | Mapa do web | Seguir a vida do web RSS 2.0

Google presenta a nova pulseira Fitbit Air


Google anunciou o lanzamento de Fitbit Air, unha nova pulseira de actividade centrada na simplicidade, a comodidade e o prezo accesible, ao tempo que revelou a evolución de Fitbit Premium cara a Google Health Premium, un servizo que incorpora Google Health Coach, un asistente de saúde personalizado impulsado por Gemini.

[ler máis]

LEGO Batman: El legado del Caballero Oscuro estrea tráiler de lanzamento


TT Games e Warner Bros. Games publicaron o tráiler de lanzamento de LEGO Batman: El legado del Caballero Oscuro, o novo videoxogo de acción e aventura en mundo aberto protagonizado polo heroe de Gotham, que chegará o vindeiro 22 de maio para PlayStation 5, Xbox Series X|S e PC, mentres que a versión para Nintendo Switch 2 estará dispoñible máis adiante.

[ler máis]

Ábrese unha investigación xudicial contra Elon Musk en Francia

A xustiza francesa elevou significativamente o ton contra Elon Musk ao abrir unha investigación xudicial en París polas posibles derivas de X, a rede social anteriormente coñecida como Twitter. Este movemento, que supón a designación dun xuíz de instrución para dirixir o caso, marca unha nova fase nas pescudas que comezaron inicialmente en xaneiro de 2025.

[ler máis]

Nova xeración de modelos de voz en tempo real de OpenAI


OpenAI presentou hoxe a súa nova xeración de modelos de voz integrados na súa API. Esta actualización non se limita a mellorar a calidade do son, senón que introduce capacidades de razoamento de clase GPT-5 en interaccións de audio en tempo real, marcando un fito no camiño cara a asistentes dixitais máis humanos e eficaces.

[ler máis]

O CITEEC premiará os cómics que mellor visualicen as contribucións STEM das mulleres


O Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC) da Universidade da Coruña convoca a primeira edición do seu Concurso Escolar de Cómics, un certame destinado a alumnado de primaria e secundaria que busca dar visibilidade ao traballo da muller na enxeñaría.

[ler máis]

Os gañadores da Olimpíada Informática Galega 2026 foron recibidos polo conselleiro de Educación


O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Consellería de Educación e Ciencia celebraron un encontro cos gañadores da Olimpíada Informática Galega (OIG) 2026, certame organizado polo CPEIG e as tres universidades galegas (a Universidade da Coruña, UDC; a Universidade de Santiago, USC; e a Universidade de Vigo, UVigo), que tivo lugar o pasado 7 de febreiro na Facultade de Informática da UDC.

[ler máis]

O novo estabilizador para móbiles de DJI aposta polo control remoto


DJI presentou o novo DJI Osmo Mobile 8P, un estabilizador para smartphones que incorpora novas funcións de encadre e seguimento orientadas á creación de vídeo profesional. O dispositivo aposta por melloras tanto no control remoto como na estabilización e na captura cinematográfica, ademais de integrar compatibilidade co sistema Apple DockKit para seguimento nativo en iPhone.

[ler máis]

Martina Aneiros destaca en Ferrol o potencial da IA para impulsar a moda e a economía galega


O Campus Industrial de Ferrol da Universidade da Coruña acolleu a cuarta edición de The future of fashion talent, unha xornada centrada nesta ocasión no impacto da intelixencia artificial na cadea de valor da moda e na transformación do emprego no sector.

[ler máis]

Malestar polo feito de que Chrome descargue sen permito un modelo de IA


O investigador de seguridade Alexander Hanff, coñecido como That Privacy Guy, asegura que Google Chrome está a descargar de maneira silenciosa un modelo de intelixencia artificial de preto de 4 GB nos equipos dos usuarios sen unha solicitude explícita de consentimento. O ficheiro, denominado weights.bin, correspondería aos pesos do modelo Gemini Nano, empregado por Google para executar funcións de IA localmente no navegador.

[ler máis]

A Lei de IA europea prohibirá a creación de espidos con IA


A Comisión Europea celebrou o acordo político acadado entre o Parlamento Europeo e o Consello da UE para introducir regras máis simples e favorables á innovación no ámbito da intelixencia artificial. A reforma modifica a aplicación da Lei de IA europea co obxectivo de facilitar o cumprimento normativo ás empresas sen reducir as garantías en materia de seguridade, dereitos fundamentais e protección cidadá.

[ler máis]

AMTEGA achega máis de 40 servizos TIC de balde aos concellos para impulsar a súa transformación

Damián Rey, director de AMTEGA
O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Damián Rey, destacou este 7 de maio na súa comparecencia ante a Comisión 3ª do Parlamento de Galicia que a Xunta pon á disposición das entidades locais e das deputacións provinciais un catálogo de servizos dixitais que supera o medio cento de solucións, das que máis de 40 se prestan de maneira totalmente gratuíta aos concellos.

[ler máis]

Chegan a España os novos reloxos de Huawei


Huawei presentou oficialmente en España a súa nova xeración de reloxos conectados, os Huawei Watch Fit 5 e Watch Fit 5 Pro, liña que destaca por un incremento notable no brillo das pantallas e unha autonomía que promete dar resposta ás necesidades dos usuarios máis esixentes sen sacrificar o deseño.

[ler máis]

Qualcomm presenta dúas novas plataformas Snapdragon para democratizar funcións avanzadas


Qualcomm presentou os novos Snapdragon 6 Gen 5 e Snapdragon 4 Gen 5, plataformas móbiles orientadas a ampliar o acceso a funcións avanzadas en teléfonos de gama media e de entrada. Os novos chips chegarán a dispositivos comerciais durante a segunda metade de 2026 da man de fabricantes como Honor, Oppo, realme e Redmi.

[ler máis]

A aplicación Autofirma podería corromper o chaveiro de macOS


Os usuarios de ordenadores de Apple nunca tiveron doado relacionarse coas Administracións públicas dende os seus equipos, pero nos últimos días o escenario tornou aínda máis escuro, xa que nun momento no que os cidadáns están tendo que recorrer á aplicación Autofirma para as declaracións de impostos, produciuse un incidente que podemos considerar bastante grave.

[ler máis]

Samsung asegura poder anticipar desmaios co Galaxy Watch6 ata cinco minutos antes


Samsung anunciou os resultados dun estudo clínico desenvolvido xunto ao Hospital Universitario Chung-Ang de Gwangmyeong (Corea do Sur) no que se valida a capacidade do Galaxy Watch6 para predicir episodios de síncope vasovagal (VVS) cun elevado nivel de precisión mediante sinais biométricos captados polo reloxo intelixente.

[ler máis]

O tecido empresarial e hostaleiro de Ames estará xeolocalizado nunha guía


O Concello de Ames, a través do departamento de Promoción Económica e Emprego, presentou a Guía de Empresas de Ames, un proxecto que busca conectar á veciñanza co comercio de proximidade e co tecido empresarial e que se presenta baixo o lema Tes que estar! O obxectivo do Concello é atraer a empresarios e usuarios e usuarias a unha aplicación web que funcionará como unha base de datos de todas as empresas que conforman o tecido comercial e hostaleiro de Ames.

[ler máis]

Kreios Space mostrará no Industry Day (CITMAga) como crear satélites propulsados con partículas atmosféricas


O CITMAga (Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia), impulsado polas tres universidades galegas, e con sede no Campus Vida da Universidade de Santiago, organiza este 22 de maio o XV Foro de Interacción Matemática Industria (Industry Day) na Facultade de Matemáticas da USC. Neste importante encontro, no que investigadores matemáticos e representantes de empresas nacionais e internacionais amosarán como as matemáticas están a resolver problemas actuais que afectan á industria, participará a empresa Kreios Space, con sede en Nigrán, especializada no desenvolvemento de tecnoloxías para habilitar a operación sostida de satélites en órbitas terrestres moi baixas (VLEO).

[ler máis]

O CITIC participará no Día da Ciencia na Rúa cun amplo programa de actividades divulgativas científicas


Un ano máis o CITIC da UDC participará no Día da Ciencia na Rúa, un encontro anual que se celebra de xeito especial na cidade da Coruña onde escolares e científicos achegan a ciencia á cidadanía con experimentos e demostracións.

[ler máis]

Barlovento Comunicación ficha á galega Elena Neira


A consulta audiovisual Barlovento Comunicación anunciou a incorporación da profesoras e investigadora Elena Neira como consultora especializada para impulsar os servizos profesionais da compañía arredor dos novos modelos de negocio audiovisuais e dos sistemas de distribución nun escenario marcado pola transformación tecnolóxica e a competencia entre plataformas.

[ler máis]

Rinoceronte Editora e TICGAL lanzan Rinodicionarios en formato de aplicación móbil


A confluencia entre tecnoloxía e lingua galega deu un novo paso adiante neste arrinque de maio. Fíxoo co lanzamento de Rinodicionarios, un innovador multidicionario dixital en formato de aplicación móbil (para Android e para iOS) que viu a luz grazas á colaboración do selo de Cangas, Rinoceronte Editora, e a entidade TICGAL.

[ler máis]


· Google presenta a nova pulseira Fitbit Air

· LEGO Batman: El legado del Caballero Oscuro estrea tráiler de lanzamento

· Ábrese unha investigación xudicial contra Elon Musk en Francia

· Nova xeración de modelos de voz en tempo real de OpenAI

· O CITEEC premiará os cómics que mellor visualicen as contribucións STEM das mulleres

· Os gañadores da Olimpíada Informática Galega 2026 foron recibidos polo conselleiro de Educación

· O novo estabilizador para móbiles de DJI aposta polo control remoto

· Martina Aneiros destaca en Ferrol o potencial da IA para impulsar a moda e a economía galega

· Malestar polo feito de que Chrome descargue sen permito un modelo de IA

· A Lei de IA europea prohibirá a creación de espidos con IA

· AMTEGA achega máis de 40 servizos TIC de balde aos concellos para impulsar a súa transformación

· Chegan a España os novos reloxos de Huawei

· Qualcomm presenta dúas novas plataformas Snapdragon para democratizar funcións avanzadas

· A aplicación Autofirma podería corromper o chaveiro de macOS

· Samsung asegura poder anticipar desmaios co Galaxy Watch6 ata cinco minutos antes

· O tecido empresarial e hostaleiro de Ames estará xeolocalizado nunha guía

· Kreios Space mostrará no Industry Day (CITMAga) como crear satélites propulsados con partículas atmosféricas

· O CITIC participará no Día da Ciencia na Rúa cun amplo programa de actividades divulgativas científicas

· Barlovento Comunicación ficha á galega Elena Neira

· Rinoceronte Editora e TICGAL lanzan Rinodicionarios en formato de aplicación móbil

· O Concello da Coruña forma ás pequenas empresas no uso de ferramentas dixitais para a mellora da xestión

· Nintendo anuncia por sorpresa un remake de Star Fox 64

· Anthropic amplía a capacidade de Claude cun acordo de computación con SpaceX

· reMarkable presenta a súa nova tableta de tinta electrónica monocromo

· Apple compensará economicamente pola publicidade enganosa de Apple Intelligence

· One UI 8.5 inicia a súa despregadura en dispositivos de anos pasados

· A Xunta inviste máis de 2 millóns en completar o proceso de transformación dixital nas lonxas galegas

· Dous proxectos intelixentes de Santiago gañan o concurso de emprendemento xuvenil de AGEF e Afundación

· Remata o programa de alfabetización en IA xenerativa da Deputación da Coruña e o CITIC

· Luis López e Javier Olleros protagonizan o primeiro episodio do podcast Minutos Extra