Ariel Rot presentou SingStar Guitar no Gamefest

venres, 8 de outubro do 2010 Marcus Fernández

Esta fin de semana celébrase en Madrid a feira de videoxogos Gamefest 2010, organizada pola cadea de tendas de videoxogos Game, e que aproveitou Sony para amosar moitas das súas novidades, entre as que destacou especialmente a posta en escena para dar a coñecer o SingStar Guitar, xa que foi o propio Ariel Rot quen se encargou de desvelar algúns detalles do xogo, así como tamén compartiu co público as súas impresións sobre este título que inclúe un dos seus temas máis coñecidos, Dos de corazones.
O xogo chegará ao noso mercado coma un completo recompilatorio de pop-rock español, no que o usuario poderá interpretar os temas tanto cun micrófono (o habitual na saga SingStar) coma cunha guitarra (que entendemos como un elemento máis propio de títulos coma Rock Band ou Guitar Hero, pero que adáptase á perfección a este xogo).
SingStar Guitar é un título exclusivo para PlayStation 3 que sairá á venda o vindeiro 18 de novembro por 29,99 euros, podendo mercarse tamén nun pack con 2 micrófonos sen fíos por 69,99 euros. Este xogo será compatible coas guitarras para PS3 que actualmente hai no mercado.
A listaxe completa de temas musicais do xogo é a que segue:
- Ariel Rot - Dos de Corazones
- Barricada - En blanco y negro
- Despistaos - Cada dos minutos
- Duncan Dhu - En algún lugar
- El canto del loco - La suerte de mi vida
- Estopa - Malabares
- Blur - Song 2
- Héroes del Silencio - Avalancha
- Hombres G - Suéltate el pelo
- Joaquín Sabina - La del pirata cojo
- La Fuga - No solo respirar
- Los Rodríguez - Milonga del marinero y el capitán
- Los Secretos - Déjame (Versión homenaje a Enrique Urquijo)
- Nacha Pop - Chica de ayer
- Pereza - Niña de papa
- Platero y tu - Alucinante
- Sidonie - El incendio
- Kaiser Chiefs - I Predict A Riot
- Fito y Fitipaldis - Antes de que cuente diez
- Christina y Los Subterráneos - Voy en un coche
- Marea - Petenera
- Los Piratas - Mi matadero clandestino
- Muse - Supermassive Black Hole
- Dover - DJ
- Sober - Diez años
- Queen & David Bowie - Under Pressure
- The Clash - Rock The Casbash
- The Cult - She Sells Sancturay
- U2 - Beautiful Day
- VampireWeekends - A-punk

Dos de Corazones de Ariel Rot estará presente no xogo
Outras cancións xa consideradas clásicos coma Voy En Un Coche</Em> de Christina y los Subterráneos son unha boa mostra da variedade musical de SingStar Guitar

PUBLICIDADE