Ardistel comercializa un batería externa para incrementar a autonomía da 3DS

venres, 23 de setembro do 2011 Marcus Fernández

Unha das principais queixas da consola portátil Nintendo 3DS dende o seu lanzamento é a reducida duración da súa batería, que con xogos 3D de grande potencia gráfica pode quedar en só 3 horas, de aí que Ardistel anuncie á incorporación do seu catálogo de accesorios para a 3DS o 3D-Energy Pack, no que destaca o soporte 3D-XTRA LIFE que incorpora unha batería de 2.000 mAh que inclúe un cable USB de carga (solución que axuda a incrementar a autonomía da Nintendo 3DS), aínda que tamén inclúe un estoxo de transporte, 4 stylus retráctiles, 2 protectores de pantalla e un paniño de limpeza, todo por un prezo de só 24,95 euros e dispoñible en cor azul turquesa ou negro. Tamén é posible adquirir por separado a batería 3D-XTRA LIFE por 19,95 euros.

PUBLICIDADE