Arale terá o seu propio xogo para Nintendo DS
venres, 23 de novembro do 2007
Moitos xogadores sorprendéronse agradablemente ó
ver que no xogo Dragon Ball Z: Budokai
Tenkaichi 3 se
podía seleccionar á nena-robot Arale Norimaki (quen xa protagonizara unha
serie de televisión emitida pola TVG hai anos) para enfrontarse ós inimigos de
Son Goku coma os malvados membros do exército do Xeneral Red, pero para os que
non tiveron dabondo están a preparar un
xogo que chegará ó Xapón na primavera de 2008 é que contará con Arale coma
protagonista.
Os amantes das aventuras de Arale, o doutor Slump, Gachan, a señorita Yamabuki
e o resto de moradores de Vila Pingüín, poderán rememorar tales historias na
Nintendo DS, aínda que ata o momento só coñezamos a aparencia gráfica do xogo, descoñecéndose
o xénero do mesmo, aínda que todo apunta a que se tratará dunha aventura gráfica
na que non faltará o humor típico da clásica serie de televisión creada por
Akira Toriyama.