Apróbase a comercialización do xogo Manhunt 2 nos EE.UU.

martes, 28 de agosto do 2007 Marcus Fernández

O violento videoxogo Manhunt 2 de Take-Two Interactive, que no Reino Unido foi considerado non acto para a súa venda, finalmente poderá comercializarse nos EE.UU., aínda que non recomendado para menores de 18 anos.
O novo xogo podería chegar ós EE.UU. para Halloween (o 31 de outubro), de xeito que a secuela do videoxogo que saíra en 2003 poderá ver a luz para Wii, PS2 e PSP, aínda que a versión do xogo protagonizado por un tolo fuxido dun psiquiátrico que realiza violentos asasinatos para continuar libre foi moificada para ser considerada apta para a súa venda.
De tódolos xeitos, a cualificación de non apto para menores de 18 anos pode afastar o xogo de moitos puntos de distribución nos EE.UU., que teñen unha política moi ríxida a tal respecto para evitar conflictos cos consumidores.
Agora que se confirma o lanzamento de Manhunt 2 os afeccionados ós produtos de Rockstar Games poderán calmar as súas ansias, de xeito que o único dos seus xogos que quedaría en suspenso ata o momento sería GTA IV (do que aínda non se coñece a data de lanzamento).

PUBLICIDADE