Apróbase a Lei que converte a CRTVG na Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia
martes, 11 de marzo do 2025
O Proxecto de lei de Servizos dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia para a sociedade dixital, que regula a CRTVG, entidade que pasa a ser coñecida como Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG), foi aprobada esta mañá de forma definitiva no pleno do Parlamento de Galicia só co si do Partido Popular, mentres que a oposición votou en contra e criticou duramente o maior control polÃtico ao que se somete á entidade pública.
O debate e a votación desta norma foron o primeiro punto dun pleno, no que Olalla Rodil (BNG) e Silvia Longueira (PSdeG), foron as encargadas de amosar a súa oposición ao texto que se pretendÃa aprobar. A deputada nacionalista subiu á tribuna cun mando de televisión que esgrimiu mentres acusaba os populares de pretender «facerse co mando» dunha televisión pública galega «con só tres botóns: o de ocultar o pluralismo, o de impor o pensamento único do PP e o de blindar a fábrica de mentiras na que converteron os medios públicos galegos».
A nova Lei aprobouse mentres se producÃan mobilizacións por parte de persoal da CRTVG, e dende o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia tamén quixeron amosar o rexeitamento a unha «lei que elimina os consensos sobre os medios públicos e reduce a liberdade de prensa».
Entre os puntos máis polémicos da nova lei destaca a rebaixa da maiorÃa esixida para a elección do director xeral do ente autonómico, xa que agora será posible proceder coa maiorÃa absoluta tras dúas votacións que non conseguisen a maiorÃa reforzada esixida até agora.
A partir de agora o Parlamento ten un prazo de tres meses para iniciar o procedemento de renovación dos órganos de goberno da Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia, entidade que busca adaptarse ao contexto actual de «acelerada transformación dixital» no que cómpre ir máis aló da radio e da televisión para chegar efectivamente á sociedade civil.