Apple xunta as súas ferramentas creativas no Creator Studio
martes, 13 de xaneiro do 2026
Apple presentou unha nova subscrición chamada Apple Creator Studio, proposta que reúne nun único plan algunhas das súas aplicacións profesionais máis destacadas para vÃdeo, música, imaxe e produtividade. A compañÃa de Cupertino busca asà ofrecer un ecosistema harmonizado que combine software avanzado, novas funcións de intelixencia artificial e contido exclusivo para usuarios de Mac, iPad e iPhone.
Un catálogo de aplicacións profesionais baixo unha mesma subscrición
Creator Studio integra Final Cut Pro, Logic Pro, Pixelmator Pro, Motion, Compressor e MainStage, ademais de novidades en Keynote, Pages e Numbers. A colección está pensada para profesionais e creadoras e creadores que traballan en edición de vÃdeo, composición musical, deseño visual ou presentacións. Apple destaca que algunhas das novas funcións de IA —como xeración de imaxes ou ferramentas intelixentes— requirirán as versións máis recentes de iOS, iPadOS ou macOS, asà como dispositivos compatibles coa plataforma Apple Intelligence.
Final Cut Pro para Mac funcionará tanto en equipos con chip Intel como con Apple Silicon, sempre que conten con macOS 15.6 ou posterior. No iPad, requÃrese un modelo con chip A16, A17 Pro ou M1 en diante. Logic Pro, pola súa banda, só será compatible con Macs con chip de Apple e coa versión correspondente de macOS. Pixelmator Pro tamén presenta diferenzas entre Mac e iPad, e as aplicacións de produtividade Keynote, Pages e Numbers precisarán das versións máis recentes dos sistemas operativos para acceder ás funcións avanzadas.
Prezos, promocións e condicións
Apple Creator Studio terá un prezo de 12,99 euros ao mes ou 129 euros ao ano. A empresa ofrecerá tres meses de acceso de balde coa compra dun novo Mac ou iPad, sempre que se trate dunha subscrición nova ou reactivada. Tamén haberá un plan con desconto para estudantes e docentes, cun custo de 2,99 euros ao mes ou 29 euros ao ano, previa verificación da condición académica.
