Apple substituíu 11 millóns de baterías de iPhone en 2018

martes, 15 de xaneiro do 2019 Marcus Fernández

O programa de redución de prezo da substitución da batería dos iPhone 6/6 Plus/6s/6s Plus/SE/7/7 Plus (que en España quedou en só 29 euros) como compensación do batterygate disparou a demanda de cambios de batería até límites insospeitados, pois dende Apple aseguran que substituíron uns 11 millóns de baterías, cando o normal é o número de reemprazos estea entre 1 e 2 millóns.
Cómpre lembrar que tras substituír a batería elimínase o comportamento de iOS no que, ao detectar os problemas de degradación das baterías reducían a velocidade do procesador progresivamente até chegar nalgún caso a facer que o dispositivo fose inutilizable; ou sexa, que cunha operación relativamente económica era posible rexuvenecer un teléfono, o que podería ter incluído considerablemente nas reducidas vendas de alta gama, xa que os consumidores actuais non atopaban incentivos para renovar un terminal que agora funciona coma no seu primeiro ano.
Iso si, o afecto do programa de substitución de baterías non se tería deixado notar seriamente até o lanzamento os iPhone Xs/Xs Max/Xr, que cos seus elevados prezos teñen complicado xustificar a súa compra por parte de usuarios que xa gozan dun smartphone competente.

PUBLICIDADE