Apple soluciona o seu Antennagate con pouca elegancia
venres, 16 de xullo do 2010
O escándalo cos problemas de cobertura do novo iPhone 4 levaron a Apple a
convocar unha rolda de prensa esta tarde, e finalmente Steve Jobs tivo que
recoñecer o fallo do deseño do seu móbil (que finalmente non puido solucionarse
cunha nova versión do firmware do seu terminal como asegurara a compañÃa),
aÃnda que non o fixo con moito tacto, pois lonxe dunha simple desculpa, dedicou
boa parte da súa intervención a pór exemplos
doutros móbiles que hai no mercado que presentan problemas semellantes, o
que é unha xustificación que non convence aos consumidores que pagan un elevado
prezo polos terminais de Apple e as tarifas telefónicas mensuais que levan
asociadas.
Con varios millóns de terminais vendidos, parece evidente que Apple non Ãa
retiralos do mercado, e coma solución, ata
o 30 de setembro a compañÃa de Cupertino regalará bumpers (protectores de goma que protexen o móbil ante caÃdas,
e tamén evitan o problema coa cobertura denunciado por múltiples medios e
usuarios) aos usuarios do iPhone 4 e devolverá os cartos a quen xa adquiran o
accesorio. Os usuarios que non estean satisfeitos co terminal tamén terá a
opción de devolvelo en 30 dÃas.
Outro dos fallos detectados ultimamente, relativo ao sensor de proximidade,
será solucionado mediante unha actualización de software, de xeito que
evitarase que a cara do usuario poida chegar a cortar unha chamada ao tocar a
pantalla do terminal durante unha chamada.
- Apple entregará bumpers de balde aos usuarios do iPhone 4
En España o 30 de xullo
Unha vez convocados aos medios polo problema coa cobertura do iPhone 4,
Jobs aproveitou para anunciar que o
dÃa 30 de xullo será cando se produza a segunda fase do lanzamento do terminal,
que chegará agora a 17 paÃses (actualmente véndese nos EE.UU., Xapón, Francia,
Reino Unido e Alemaña) máis entre os que está España, de xeito que
practicamente completan a distribución por toda Europa.