Apple rexistra a súa primeira caÃda trimestral de ingresos dende 2016
venres, 3 de febreiro do 2023
Apple
presentou os seus resultados económicos do último trimestre de 2022, rexistrando
uns ingresos de 117.154 millóns de dólares, o que supón un descenso do 5% fronte
o mesmo perÃodo do ano pasado, poñendo fin á tendencia que situaba á compañÃa
de Cupertino afastada das dificultades do mercado.
A evolución dos negocios de Apple mudou en función das distintas divisións, e
asÃ, mentres caeron os ingresos en produtos, medraron en servizos, aÃnda que a
aposta polos servizos non conseguiu compensar a caÃda na venda de produtos,
principalmente polas malas vendas que tiveron os novos iPhone (provocada tanto
por problemas de subministro como polas poucas novidades dos iPhone 14), que
teñen demasiado peso os resultados da compañÃa (son máis da metade dos ingresos).
Concretamente a caÃda interanual dos ingresos pola venda dos móbiles de Apple
foi do 8,2%, mentres que os Mac caeron un 29% e os produtos wearables e outros
accesorios caeron un 8,3%; en contraste os iPad medraron un 30% e os servizos
un 6%. Vemos asà como a tendencia baixista dos mercados dos móbiles e dos
ordenadores persoais tamén afecta a Apple, o que terÃa que chegar nalgún momento,
e precisamente por iso Apple leva anos apostando polos servizos (que superan
actualmente os 20.000 millóns de dólares en ingresos) para conseguir manter un
bo volume de ingresos a longo prazo.
En calquera caso, a caÃda de Apple é realmente moi suave, de xeito que polo momento
non se prevén despedimentos masivos como si está a acontecer con outras grandes
empresas tecnolóxicas.